jueves, marzo 3

De aventuras con Tintín

Os alumnos de primeiro da ESO leron diferentes historias do personaxe de Tintín e estas son algunhas das súas achegas como comentarios desta lectura:

" Gustoume moito a historia do Caso Tornasol porque é divertida e ten moitas aventuras". ( Iván, 1º ESO A)
"O cómic Tintín e as sete bolas de cristal é moi divertido e interesante, con moito misterio e emoción". (David, 1º ESo A)
" Tintín e o lago dos tiburons gustoume moito porque é moi divertido, excitante e simpático.É moi bo". (Xesús, 1º ESO A)

martes, marzo 1

Lendo Barrio lejano de Jiro Taniguchi

O venres día 25 de febreiro reunímonos para comentar a lectura deste cómic e velaquí algúns dos comentarios das alumnas sobre a lectura:

" Paréceme unha boa historia, moi entretida. Eu recomendaríaa "( Laura Fandiño. 1º bac. B)
" Gustáronme os valores que se intentan transmitir a través do cómic. Pareceume entretido e pódense sacar conclusións útiles para a vida" ( Cristina P. 1º bac. B)
" Este cómic fïxome reflexionar e aprendín que os erros forman parte da nosa vida". (Arantza, 1ºbac. B)
" Darse conta dos erros e non volver a cometelos" (Elena, 1º bac. B)
" Boísimo. Rectificar a tempo non está ao alcance de todos". (Raquel, 1º bac.B)