lunes, junio 10

O mundo secreto de Basilius Hoffman

Fernando Cimadevila(escritor)e Ivan Valladares(ilustrador)
Editorial Urco.
 
Primeira entrega das aventuras do profesor Basilius Hoffman e o seu sobriño Peter na solución dun misterio onde os gatos son os verdadeiros protagonistas. Foi a derradeira lectura do grupo de 1º ESO, recomendada por Lecturo Literaturo do CPI Progreso de Catoira.
De momento, o argumento que ofrecían na tapa do libro prometía:
 
Achégase unha nova Era, as antigas portas féchanse definitivamente, os reinos que durante séculos lindaron as fronteiras do noso mundo esvaécense entre as brumas das lendas. Durante anos o profesor Hoffman, explorador de mundos ocultos, dedicou non poucos esforzos a desvelar os seus segredos. Mais só cando o seu sobriño Peter chega ao vello casarón Hoffman para pasar as vacacións de Nadal, o destino une as súas vidas dando comezo así á batalla definitiva na que se porá en xogo o noso ben máis prezado: o poder da imaxinación.
Aquí comeza a saga do profesor Basilius Hoffman: historiador, arqueólogo, cabaleiro a tempo parcial e truán a xornada completa. E a súa viaxe na procura do lendario Diario do Cartógrafo, na que descubriremos cidades perdidas no profundo da noite, sociedades secretas, misteriosas criaturas, poderosas reliquias sagradas, imposíbeis aparellos mecánicos e unha infinidade de curiosos personaxes.

e aos alumnos que remataron o libro para a reunión, encantoulles. Dicían: "a verdadeira protagonista do libro é Rivka", esa nena- gato misteriosa que parece non saber a que carta xogar. Tamén destacaron o suxerente escenario da Cidade dos Tellados co seu faro e a curiosa escena que acontece a Peter cando chega ao deserto e unha tribu de nómades trata de casarlle para cumprir cunha antiga profecía.  O feito de incorporar referencias á mitoloxía exipcia tamén é un aliciente para ler este libro, ademáis de que está moi ben escrito, a trama engancha desde as primeiras páxinas e por non falar das xeniais ilustracións de Iván Valladares que inician cada capítulo .
 
Un libro moi recomendable do que xa temos a segunda entrega na bibliteca.