2º ESO: Leron Escarlatina, a cociñeira defunta de Ledicia Costas(da que falamos no blogue da biblioteca aquí) e comezaron con Charlie e o melocotón xigante de Roald Dalh.
3º ESO:
- Un clásico que gustou moito o curso anterior: A lección de August de J. Palacios deu paso a outro clásico da literatura universal: A perla de Steinbeck nun dos grupos.

- Falamos de Anxos en tempos de chuvia de Miguel Vázquez Freire, que non gustou demasiado polo gusto que ten os rapaces polas historias pechadas a un libro de lectura obrigada cada ano nos clubes que é éxito asegurado: O curioso incidente do can a medianoite de Mark Haddon.
No grupo de 1º Bacharelato acabaron con Seda de Alessandro Barico e pasaron a outra historia de amor imposible, esta vez entre dous adolescentes: Eleonor and Parck de Rainbow Rowell.