viernes, noviembre 14

Club de Lectura de Cine



Hoxe tivemos a primeira reunión cos alumnos anotados nesta segunda edición do Club de Lectura do Instituto. Quedamos bastante satisfeitas porque este ano parece que se animaron alumnos de máis niveis que os do primeiro ciclo da ESO de forma que imos combinar as lecturas; 1º e 2º da ESO comezan cos personaxes do cómic Asterix e Obelix para logo botarlle un ollo á película como actividade final e 3º e 4º da ESO lerán Matilda en inglés, galego e castelán.