sábado, abril 16

Memorias dun neno labrego

Xa temos o libro da próxima reunión do club de lectura de 2º ESO. Que mellor excusa para retomar este clásico da literatura en galego que a conmemoración dos cincuenta anos da súa publicación. Tamén esta novela de Xosé Neira Vilas estase a convertir no libro do momento no instituto cos vídeos da lectura colectiva que estamos grabando no centro. E xa que os integrantes dos distintos grupos de club de lectura participan activamente nesta actividade, á volta das vacacións falaremos do seu protagonista Balbino e da súa época.